Visita as Instalacións

Multiusos Fontes do Sar

fotoweb_santaisabel

O MULTIUSOS FONTES DO SAR está situado no barrio compostelano de Sar, nun enclave perfectamente comunicado a través da autopista e da circunvalación. A versatilidade e a estrutura funcional do edificio fan que se poida compatibilizar
o seu uso diario como centro lúdico e deportivo coa realización de grandes eventos sociais e culturais. Os seus máis de 10.000 metros cadrados de superficie e a súa multifuncionalidade
permiten desenvolver actividades de lecer e saúde, partidos de competición (Obradoiro CAB -na Liga ENDESA-, Santiago Futsal.…), actos sociais (exposicións, congresos…), e espectáculos de gran repercusión na capital galega (Mark Knopfler,
Shakira, Cirque du Soleil, Sabina, Alejandro Sanz,  Van Morrison, Extremoduro…).
Ver planos
  • 2 salas de musculación.
  • 1 sala de cardiovascular.
  • 10 salas de actividades dirixidas.
  • Piscinas Fontes do Sar: permiten desfrutar da auga durante todo o ano, grazas á instalación dun globo presostático que cubre o vaso no inverno.
  • Pistas de Pádel e Tenis de Sar: 3 pistas de pádel cubertas e 2 descubertas, 1 cancha de tenis.
  • Vestiarios.
  • 4 saunas e 2 baños de vapor.
  • Unidade médica e de fisioterapia – AMERGUÍN
  • Centro de estética – MULTIESTETIC
  • Pista central.
  • Cafetaría.
  • Aparcadoiro con capacidade para 700 vehículos.
  • 6 camerinos equipados con liña de voz e datos.
  • Sala de prensa.
  • Hall de entrada de 1.000 m2 para espectáculos e eventos.
  • Zona V.I.P.
  • 5.065 localidades sentados.
  • Aforo total de 9.500 persoas.
  • Cabina para locutores.
  • Oficina de produción totalmente equipada.
  • Almacén.
  • Taquillas.
  • Aparcadoiro con capacidade para 700 vehículos.

Complexo Deportivo Santa Isabel

DSC01492

O COMPLEXO DEPORTIVO SANTA ISABEL, cunha superficie de case 3.000 m2, é o centro deportivo de referencia no casco urbano de Compostela. O seu emprazamento está realzado pola arquitectura propia do recinto, conseguindo espazos diáfanos onde a luz natural entra de xeito directo, creando así un lugar cálido e acolledor. O complexo acolle numerosas actividades de lecer e saúde en el adestran algúns dos principais clubs e deportistas galegos (Club de Natación Santiago, Club de Waterpolo Santiago…).

Características da Instalación – Área Deportiva

  • Ampla sala de traballo de musculación e cardiovascular.
  • 3 salas de actividades dirixidas.
  • Piscina. Vaso profundo de 25 x 16,5 metros, con oito rúas delimitadas e homologada pola federación de Natación como apta para as competicións oficiais.
  • Sauna.
  • Solarium.
  • Vestiarios.