CONSULTA NA RECEPCIÓN O TEU NÚMERO DE ABONADO, E INDÍCAO NOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS:

AMANCIO DEPORTES
Descontos do 15% para tod@s @s abonad@s. Non acumulables con outras ofertas ou promocións

ATMÓSFERA SPORT
Presentando o teu carné de abonado en Atmósfera Sport de Área Central e da rúa San Pedro de Mezonzo terás un 20% de desconto en produtos seleccionados -agás artigos en rebaixas, ofertas e promocións-.

DEPORTES CANEDA
15% de desconto en todos os produtos, agás artigos xa rebaixados. En Deportes Caneda atoparás tamén a nosa marca colaboradora ACTUAL SPORT.

AMERGUÍN, CENTRO DE FISIOTERAPIA Y MEDICINA DEL DEPORTE
Prezos especiais para abonados das instalacións nos seus servizos.

ASISA
Contrata o teu seguro de saúde con ASISA por 20€/mes sen copagos e condicións especiais por ser abonado das instalacións.

CLÍNICA DO DR. VALDÉS, ESPECIALISTA EN CIRURXÍA PLÁSTICA, REPARADORA E ESTÉTICA
10% de desconto e primeira visita gratuíta.

CLÍNICA MIMODENTAL
Ofrece a todos os que amosen o seu carné das instalacións unha serie de servizos gratuitos (exame inicial, diagnóstico, orzamento por escrito, modelos de estudio pre-protésico, radiografía periapical, radiografía aleta, radiografía oclusal, radiovisiografía, control postoperatorio, examen de urxencia, revisión semestral/anual, sutura de puntos, pulido de obturaciones, recementado de coronas, recementado de provisionais, estudo implantolóxico, ensinanza e técnicas de cepillado, topificacións de flúor) e un 10% de desconto no resto de tratamentos.

DEPILCLUB
30% de desconto en Neodepilación por láser e Fotodepilación en Multiestetic.

LA GAFA DE ORO
Descontos especiais para abonados dos centros en La Gafa de Oro, situada na Praza do Toural, nº9, Tlfno. 981 580 517.

LÁZARO VISIÓN
Descontos especiais para abonados dos centros en Lázaro Visión, situada en Rúa do Hórreo, nº3, Tlfno. 981 580 539.

MULTIESTETIC, CENTRO DE ESTÉTICA
20% de desconto en produtos e servizos: tratamentos faciais específicos, limpeza de cute, presoterapia e electroestimulación, aparatoloxía de rexuvenecemento, bronceado sen sol (con aerógrafo), depilación á cera, cosmética termal e de extracto de baba de caracol, maquillaxe orgánica…

OPTICALIA, CASA DE LOS LENTES
15% de desconto (agás ofertas).

WOM’MENS HAIR
5% de desconto na peluquería de home e muller Wom’mens Hair, situada no centro comercial El Corte Inglés de Santiago de Compostela. Tlfno. 981 523 926

ÓPTICA M&S
O desconto aplicable a abonados do Multiusos sería o 15% en todos os produtos excepto en promocións.

CENTRO ÓPTICO NOVO MILLADOIRO
20% en gafas graduadas e de sol e o 10% no resto de productos, non aplicable a promocións.

CURSOS NÁUTICOS
Prezos reducidos en cursos náuticos organizados polo Multiusos Fontes do Sar e a escola náutica Portomeloxo.

GRUPO PROMEDIA
20% de desconto en Grupo Promedia, empresa de referencia no deseño web e desarrollo de aplicacións para internet en Galicia.

KIDS & US
Obradoiros en inglés de cociña (Little Chef) e de ciencia (Mad Scientist) GRATUÍTOS para nenos abonados. (O prezo para non abonados e non alumnos ao centro sería de 22€ por obradoiro)