Nueva liga de pádel y tenis de Sar

En marzo iniciamos unha nova liga de pádel e tenis nas pistas Fontes do Sar na que xa te podes anotar PREMENDO aquí para acceder ao formulario de inscrición.

Inscrición: 10 de febreiro -19 de febreiro.
Inicio: 3 de marzo.
Playoff: 19 de maio – 6 de xuño.
Finais: 7 de xuño.

PREZOS:
– ABONADOS/AS en cursos de pádel ou tenis: 6 euros persoa. Pago de pista por partido: 1,1 euro/persoa

– ABONADOS/AS: 12 euros persoa. Pago de pista por partido: 1,1 euro/persoa

– NON ABONADOS/AS: 20 euros por persoa. Pago de pista por partido: 5,6 euros/persoa.

*A dispoñibilidade mínima para xogar a competición debe ser de 20:00 a 22:00 horas de luns a venres.

*O importe do aluguer da pista correrá a cargo das/os xogadores, debendo pagar a cantidade correspondente ao tipo de abono de cada un ou cada unha.

*Todas as parellas ou xogadores/as(no caso do tenis) deberán xogar o 100% dos partidos da súa liga, de non darse esta circunstancia, procederase a retirada de 4 puntos por partido non xogado.

*As parellas ou xogadores/as que teñan mais de 2 partidos sen marcar na última semana serán descalificados o luns 12 de maio, para non perxudicar o resto de participantes.

Realizaremos un SORTEO de material deportivo e cea entre os participantes da competición presentes o día das finais.

Pin It