Aberta a matrícula para os cursos de pádel e tenis de xullo

No mes de xullo celebraranse novos cursiños de pádel e tenis nas pistas Fontes do Sar, para os que xa está aberta a inscrición. Haberá clases para o público adulto na primeira quincena, do 1 ao 15 de xullo, e na segunda, dende o día 16 ao 31.

Os interesados/as poden anotarse na recepción das piscinas Fontes do Sar de luns a domingo en horario de 11 a 15h e de 19 a 21h.

Consulta as prazas dispoñibles nos seguintes grupos e horarios:

*En verde indícanse os cursos de pádel / en azul os cursos de tenis

Prezos por quincena:

-Abonado 10€ / curso de 1 día á semana.

-Abonado 13,25€ / curso de 2 días á semana.

-Non Abonado 20€ / curso de 1 día á semana.

-Non Abonado 26,50€ / curso de 2 días á semana.

 

 

 

 

Pin It