Informámosche que debido ao novo horario establecido para o toque de queda, a partir deste venres e como medida temporal as nosas instalacións pecharán de luns a venres ás 21:30h.
Para que teñas máis opcións dentro das limitacións que nos atinxen, algunhas das nosas sesión de última hora pasarán á franxa das 19h e ofertaremos actividades exprés de media hora de 21h a 21.30h. E recorda! En multiusos.net atoparás máis de 600 sesións para facer cando e onde queiras!
O deporte, nunca nos cansaremos de dicilo, é saúde. Pero iso si, sempre con sentidiño!
Grazas coma sempre pola túa comprensión!