A partir deste luns nós tamén volvemos ás aulas. E facémolo con máis ganas que nunca de que volvas desfrutar das túas clases con monitor, coas novas medidas dictadas polas autoridades sanitarias en marcha.
❓Como serán as actividades❓
– Aforo máximo de 10 persoas. En cada sesión haberá ata 9 alumnos e o monitor.
– Reserva obrigatoria de praza. Lembra que é imprescindible que reserves sitio a través da web ou na recepción do teu centro para asistir a clase.
– Uso obrigatorio da máscara. Como xa sabes é obrigatoria a máscara en toda a instalación, tamén cando se está a facer exercicio, polo que usuarios e instrutores deberemos levala posta tamén no transcurso da clase.
– Máxima distancia entre usuarios garantida. O monitor da clase axudará a ubicarvos aos asistentes nos recadros da aula mantendo a máxima distancia posible entre todos.
– Uso obrigatorio de xel hidroalcohólico. Debemos empregalo sempre antes e ao finalizar a clase, unha vez que teñamos recollido o material. Non esquezas manter a distancia de seguridade cos outros usuarios cando te achegues a usalo.
– 30 minutos entre clase e clase para desinfección, limpeza e ventilación. Entre sesións haberá sempre unha franxa temporal de media hora na se realizarán tarefas de desinfección, limpeza e ventilación da aula.
– Continuidade das emisións en directo e en diferido. Para quenes quededes sen praza ou prefirades esta opción, podedes seguir as clases dende a casa.