Dende o apartado ¨Horarios de actividades dirixidas¨ poderás seguir dende a casa as clases dirixidas cos nosos instrutores que temos programadas cada día: Zumba, TaiChi, fitbike, combat, bodystep, elyptic, tono, pump, AB&GL, hipopresivos, pilates miofascial, crosscircuit, hatha ioga, kundalini ioga…
Para velas tan só terás que acceder coas túas claves na pestana ¨Clases en directo¨. Se aínda non tes as túas claves de abonado solicítaas enviando un correo a info@multiusos.net.
Amais, na sección ¨Emisiones¨ poderás consultar preto de 100 sesións xa emitidas en xornadas anteriores para que poidas facer cando che conveña.