Queremos informarvos que o Sergas nos comunicou que se detectou un caso de COVID leve nos centros, o que conleva que se poña en marcha un protocolo de seguridade seguindo estrictamente as indicacións dadas polas autoridades sanitarias.
Comunicámosvos que, como medida preventiva, esta noite realizarase nos centros unha desinfección con biocida mediante a técnica de nebulización a través dunha empresa homologada.
Asimesmo, de xeito temporal incorporamos a restricción do aforo en clases dirixidas, que terán un máximo de 9 alumnos por sesión.
As instalacións abrirán mañá luns con normalidade, extremando ao máximo a aplicación de todas as medidas preventivas que xa coñecedes para minimizar o risco nos centros (control de temperatura, uso de máscara, alfombras viricidas, mamparas de seguridade, distancia entre máquinas, etc).
Para calquera dúbida ou consulta sobre este tema podedes escribirnos a info@multiusos.net.
Grazas pola vosa axuda.