Masterclass no Multiúsos Fontes do Sar

OS MONITORES DO MULTIÚSOS AMOSARON NOVAS COREOGRAFÍAS DE BODYSTEP, BODYJAM E BODYCOMBAT

O Multiúsos Fontes do Sar acolleu a presentación das novas coreografías de BTS (Body Training System). Oito instructores do recinto compostelán impartiron clases de BodyStep, BodyJam e BodyCombat a decenas de monitores de toda Galicia e a todo o que se quixo achegar ás instalacións (a entrada foi libre).

As actividades desenvolvéronse ó longo de toda a mañá na pista central (de 09:00 a 12:00) e na piscina do Multiúsos (a partires das 12:30). Ás 09:00 h. iniciouse a masterclass co BodyStep. Ás 10:10 comezou o BodyJam, unha actividade que consiste en bailar ó ritmo de diferentes músicas. Unha hora máis tarde o BodyCombat amosou novas coreografías baseadas nos deportes de combate. Ás 12:30 a clase desprazouse á piscina do Multiúsos, onde se levou a cabo un adestramento especial de BodyCombat.

Pin It