O festival «Linguas Vivas», que se celebrou o venres 20 de xullo no Multiúsos Fontes do Sar», ofreceu máis de 5 horas de música actual cantada en diferentes idiomas.
O espectáculo comezou arredor das 21:00 h. da man de Dj Capitá, un disck-jockey do barrio de Pobloenou (Barcelona) que ofreceu o máis bailable da salsa e da rumba catalana. Logo subiu ó escenario Boom Club, un grupo francés que amosou o seu bo facer no terreo do hiphop.
Despois chegaría a actuación máis esperada, a de Fermin Muguruza, que puxo en pé de guerra ás 1.500 persoas alí congregadas con moitos dos seus clásicos e con tódalas súas consignas. Arredor da 01:00 h. tocoulle o turno á única representación galega, Nao, que ofreceu máis dunha hora da súa mestura de metal, hardcore e rock.
Por último, outra das bandas máis esperadas, Banda Bassotti, colleitou os aplausos dos alí congregados e puxo o broche de ouro a un festival multicultural e multilingüístico no Multiúsos.
20 de xullo
1.500 persoas