Ó longo do mes de setembro vaise continuar coas obras de mellora e acondicionamento da sala do pavillón, polo que nos vemos obrigados a suspender as clases de ioga e de tai chi inicialmente programadas para as tardes de setembro no Complexo Deportivo Santa Isabel. Os abonados poderán gozar destas actividades pola mañá, nunha sala habilitada para tal fin. En outubro, unha vez rematada a reestruturación da sala, volveranse retomar o ioga e o Tai Chi nos seus horarios habituais.
Pregamos desculpen as molestias.