O Multiúsos Fontes do Sar informa de que a partires do luns 19 de novembro as persoas que asistiron o sábado 10 de novembro ó MICROFEST5 poden pasar pola recepción do Multiúsos para percibir a devolución de parte da súa localidade. A pesares de que se celebrou máis do 50% do festival, a organización do evento comprométese a devolver ós asistentes un tercio do valor da súa entrada (isto é, 10 euros). Os interesados poden pasar pola recepción do Multiúsos Fontes do Sar coa fotocopia da entrada en horario de luns a venres de 8:00h. a 00:00 h, sábados de 09:00 h. a 20:00 h. e domingos 09:00 h. a 14:00 h.
Dende a organización do evento lamentamos o sucedido e pregamos desculpen as molestias.