Catro eventos do 2007 deixaron en Santiago máis de millón e medio de euros e xeraron un impacto mediático valorado en máis de 5 millóns

IMPACTO SOCIOECONÓMICO DOS EVENTOS
O Centro de Estudios e Investigacións Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela (CETUR) elaborou un completo informe no que se analiza a repercusión socioeconómica dos principais espectáculos que se desenvolveron no Multiusos Fontes do Sar ó longo do 2007. O estudo analiza, entroutros asuntos, a procedencia do público asistente ós eventos, o a motivación que os leva a vir a Santiago, as actividades que realizan na cidade, o gasto que fan cando veñen a espectáculos destas características… Á luz destes datos podemos comprender a estreita conexión entre oferta de lecer e turismo en Santiago de Compostela.
O CETUR comezou a súa análise cunha proba piloto con motivo da ópera monumental Carmina Burana, que se celebrou no mes de decembro de 2006 no Multiusos Fontes do Sar, e continuou desenvolvendo o informe con catro dos máis salientables eventos que se celebraron no recinto compostelán no 2007: o espectáculo operístico Aída, a obra mestra do compositor Giuseppe Verdi sobre o amor, a paixón e a morte, que estivo no Multiusos o 12 de maio; o concerto do emblemático artista irlandés Van Morrison, o 19 do mesmo mes; a actuación dos supervendas Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis, que subiron ó escenario do Sar o 21 de xullo; e o concerto dun dos españois máis internacionais, Alejandro Sanz, no seu inicio de xira española (no que estivo acompañado pola colombiana Shakira) o 4 de agosto de 2007.

ÓPERA MONUMENTAL AÍDA:
– Asistencia: 4.208 persoas
– Idade media de 41 anos, a maior de todos os eventos que se analizaron
– Máis do 7% do público vén do resto de España e un 0,9% do estranxeiro
– Case o 9% da xente veu en avión
– Máis do 50% do público pernoctou na cidade
– Os que durmiron na cidade gastaron de media case 90 euros

VAN MORRISON:
– Asistencia: 4.198 persoas
– Idade media de 36 anos
– Case o 60% do público veu dende diversos puntos de Galicia, un 5% dende outros lugares de España e un 1% do estranxeiro
– O 86,7% veu a Santiago para asistir ó concerto.
– O gasto medio realizado polos non residentes en Santiago roza os 60 euros

FITO E CALAMARO:
– Asistencia: 9.500 persoas
– Idade media de 27 anos
– Máis da metade dos asistentes gastou en lecer e en cear
– Case un 13% das persoas que durmiron na cidade quedaron más de tres noites.

ALEJANDRO SANZ:
– Asistencia: 9.220 persoas
– Idade media de 28 anos
– Case o 60% das persoas que asistiron, viñeron de fóra de Santiago
– Máis do 90% gastou cartos en cear na cidade, e case o 60% gastou en lecer
– Os que durmiron en Santiago gastaron de media 88 euros.

Gasto global: 796.694,8 euros (1.669.237,6 euros tendo en conta o gasto en entradas)
– Ópera Monumental Aída: 138.341 euros (349.891 tendo en conta o gasto en entradas)
– Van Morrison: 161.769 euros (289.808 euros tendo en conta o gasto en entradas)
– Fito e Calamaro: 258.646 euros (515.000 euros tendo en conta o gasto en entradas)
– Alejandro Sanz: 237.937 euros (514.537 euros tendo en conta o gasto en entradas)

En termos globais, os concertos de Alejandro Sanz e de Fito&Calamaro son os que xeraron un maior impacto directo total, basicamente pola maior afluencia de persoas. Sen embargo, o gasto medio estimado por persoa é inferior aos outros dous eventos analizados (Opera Aída e Concerto de Van Morrison), sendo por tanto estes dous os que por termo medio xeran un maior gasto na cidade, é dicir, o perfil dos asistentes presenta un gasto medio superior (non en vano é un público cunha idade media entre 35-40 anos dos cales a maioría traballa actualmente).

IMPACTO MEDIÁTICO DOS EVENTOS
Por outra banda, TNS Media Intelligence, empresa líder en España no seguimento de contidos e noticias en medios de comunicación, analizou a presencia mediática de tres dos eventos máis destacados dos celebrados no Multiusos Fontes do Sar no 2007: Aída, Van Morrison e Alejandro Sanz. A continuación desvelamos a estimación en euros do espazo/tempo de información segundo as tarifas de publicidade de cada medio

ÓPERA MONUMENTAL AÍDA:
– Valoración económica da noticia (en prensa, radio e televisión): 344.452 €

VAN MORRISON:
– Valoración económica da noticia (en prensa, radio e televisión): 365.969 €

ALEJANDRO SANZ:
– Valoración económica da noticia (en prensa, radio e televisión): 4.618.474 €

VALORACIÓN ECONÓMICA TOTAL: 5.328.895 EUROS

Pin It