O sábado 28 de marzo o especialista Piti Pinsach (licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, D.E.A. en Morfoloxía Médica)ofreceu un curso de formación en electroestimulación no Multiusos Fontes do Sar.
O autor do libro «Guía imprescindible de electroestimulación» abordou as vantaxes do uso dun electroestimulador e os avances tecnolóxicos no adestramento con estes aparellos. Asimesmo, tratou as investigacións realizadas neste eido, que falan da superioridade da electroestimulación fronte ao adestramento voluntario, diminución da porcentaxe de graxa e redución do perímetro da cintura, incremento da forza, o tono e a masa muscular, aumento do rego sanguíneo, mellora do rendemento deportivo, rehabilitación e recuperación funcional. Tamén se presentaron as aplicacións prácticas dun electroestimulación, que inclúen diminuír a porcentaxe de graxa e reducir o perímetro da cintura, aumentar a forza e o tono muscular, mellorar a velocidade a forza explosiva, incrementar a resistencia muscular e mellorar o rego sanguíneo,a electoestimulación como masaxe, a electroposturoloxía, o tratamento de amiotrofias, o tratamento da dor,sumar esforzos adestrando con electroestimulación e cargas.
As persoas interesadas neste tema poden adquirir un exemplar da «Guía imprescindible de electroestimulación» na recepción do Multiusos. O prezo do libro é de 20 euros.