Os días 22 e 23 de maio os galegos máis rockeiros tiveron unha cita no Multiusos Fontes do Sar, coa actuación de varios dos grupos máis sonados do panorama musical español. O festival «Rock na Ascensión» estivo organizado pola produtora Akaron Films coa colaboración da Concellaría de Festas de Santiago.
O venres 22 ofreceron o seu directo os composteláns Thinking Twice, grupos xa consolidados como Pülsar, Hamlet, Boikot e Reincidentes, e o incombustible Rosendo. O sábado foi a quenda de The Codename, Aphonnic, Barón Rojo, Warcry, Mägo de Oz e Def con Dos. O festival logrou reunir aos máis incondicionais seguidores dos grupos e aos afeccionados á música rock, que gozaron dun directo cheo de grandes clásicos pero tamén de novas propostas.