O cantante e compositor británico John Mayall actuou o 17 de xullo en Santiago de Compostela, no Multiusos Fontes do Sar, na que foi a súa única cita musical confirmada en Galicia. Arredor de duas mil persoas non quixeron perderse a súa actuación, unha síntese das súas propostas actuais con altas doses dos seus éxitos máis consolidados, que non deixou a ninguén indiferente. Moitos dos seus seguidores puideron levar de recordo un disco asinado polo artista, pois foi o propio Mayall quen se puxo á fronte do posto de merchandising durante preto de unha hora. Visita a galería de imaxes do concerto
John Mayall introduciuse no mundo da música no ano 1955, e uns anos máis tarde creou o seu grupo máis famoso, The Bluesbreakers, no que contou con figuras como Eric Clapton, Peter Green e Mick Taylor. A aportación de John Mayall é vital na historia da música moderna como precursor do blues inglés. Este mestre internacional do blues e figura clave na música contemporánea publicou máis de 50 discos, moitos dos cales recibiron estupendas críticas e aceptación por parte do público, como “Behind The Iron Curtain”, “Chicago Line” ou “Wake Up Call”,“Blues For the Lost Days” e “Padlock On The Blues”. Na actualidade, con 76 anos, non amosa signos de baixar o ritmo e quere manter o seu blues vivo moitos anos máis. No ano 2007 publicou o seu últimoálbum, “In The Palace of the
King”, como tributo a Freddie King. No 2009 agárdase que vexa a luz un novo disco de estudio.
A banda de Pontevedra Sugar Mountain actuou como teloneira. Javier Ruano (guitarra e voces), Ruben Álvarez (baixo), Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (órgano & pianos) e Ivan Trigo (batería) ofreceron o seu mellor directo, cun sonido compacto, rock americano de riffs contundentes e melodías luminosas, e aproveitaron para dar a coñecer o seu terceiro e último álbum, «Love Unique».
O concerto estivo patrocinado por Fundación Caixa Galicia e a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, e conta coa colaboración de GADIS e Estrella Galicia.