José Carril Regueiro, instructor de sala de fitness en el Multiusos Fontes do Sar y en el Complejo Deportivo Santa Isabel.
Se nalgunha ocasión decidiches volver á práctica deportiva logo dun tempo inactivo/a, seguro que ao día seguinte te levantaches con dores que te impiden moverte con normalidade. Nese momento experimentarías a sensación que producen as famosas maniotas, científicamente bautizadas coma dor muscular de orixen retardado (DOMS en inglés) e denominadas no terreo médico como mialxia diferida. Pero, ¿que son exactamente as maniotas? ¿desaparecen se nos tomamos un vaso de auga con azucre? ¿en canto tempo acostuma a remitir a dor que producen?
¿Qué son as maniotas? «Maniotas» en galego e “agujetas” en castelán é o nome coloquial co que se coñece a «Dor muscular de aparición tardía», que aparece acompañado dunha inflamación muscular. Normalmente, aflora coma unha dor localizada logo dun período de exercicio intenso tras un período carente de exercicio. O seu síntoma é unha forte dor localizada similar á de pequenas agullas -de aí o seu nome-. As maniotas conlevan unha disminución da mobilidade e da flexibilidade durante un periodo de entre 24 horas e cinco días, dependendo da actividade e do hábito deportivo da persoa e a familiaridade co deporte practicado.
¿Por qué se producen?Os actuais estudios apuntan como principal causa a unha reacción inflamatoria en resposta ás microlesións musculares e tendinosas que se producen ao non estar o músculo adaptado á intensidade do exercicio. É dicir, o músculo fai un exercicio de intensidade ao que non está acostumado, se producen microlesións musculares e tendinosas, o que fai que se acumulen gran cantidade de metabolitos ou desfeitos, que ocasionan unha reacción inflamatoria e irritan as fibras nerviosas producindo dor. Esta é a teoría máis aceptada pola comunidade científica, pero existen outras que intentan dar resposta ao fundamento das maniotaas. Unha das explicacións máis extendidas, que garda certa similitude coa teoría das microroturas musculares, indica que durante a práctica do exercicio o músculo quence e nalgunhas zonas se producen microlesións. Outra teoría, xa menos recurrida na actualidade, explica que o ácido láctico resultante da actividade metabólica nas células musculares acaba «cristalizando», o que provoca unha forte dor muscular.
¿Como se poden previr e tratar? Para evitar na medida do posible a aparición de maniotas, o usuario que acuda a facer deporte ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel ten que priorizar os estiramentos musculares antes de empezar co exercicio físico, pero tamén despois da actividade que realice. En calquera caso, debe realizar sempre un quencemento previo e terá que entrar na actividade dun xeito gradual, de menor a maior intensidade, para preparar as fibras musculares para unha situación de esforzo. É recomendable sacudirse os músculos con certa frecuencia para favorecer a circulación sanguínea. Amais, unha ducha quente tamén axudará ao corpo a recuperarse logo da intensidade da actividade. En canto ao tratamento das maniotas, un dos métodos máis empregados no deporte é a masaxe muscular. O uso de antioxidantes (vitaminas C e E) non deu resultados positivos para eliminar os seus efectos.
Dous falsos mitos sobre as maniotas. A crenza extendida de que as maniotas son cristais de ácido láctico que pinchan o músculo é falsa, pois tense comprobado que persoas coa enfermidade de McArdle -incapaces de producir ácido láctico- tamén sofren dor muscular de orixe retardada. Asimesmo, existe un mito moi popular que aínda se pone en práctica hoxe en día, a pesares de que non ten ningún fundamento: beber un vaso de auga con azucre non serve de nada. Este remedio caseiro é o resultado da aceptación masiva da teoría referente ao ácido láctico. Posto que está descartada, este método non evita nin cura as maniotas nin os seus síntomas, pero pode provocar basicidade e problemas gástricos.