O verán é unha boa época para que os máis pequenos da casa inicien o seu contacto coa auga ou meolloren a súa técnica de nado, aproveitando o tempo de lecer do período vacacional. A natación proporciona en idades temperás numerosos beneficios relacionados coa orientación, a coordinación, a seguridade… amais da diversión.
Cursos de natación intensivos no verán
A principios de xullo comenzaron os cursos de natación intensivos de verán para nenos de entre 4 e 12 anos nas piscinas Fontes do Sar. Os cursos, que teñen unha duración de un mes (podendo escoller entre xulio ou agosto) desenvólvense de luns a venres polas mañás en tres sesións: ás 11:15h, ás 12:00h e ás 12:45h. As clases impártense no vaso de aprendizaxe, pasando ao de competición cando, segundo criterio técnico do instructor, dominan o medio acuático.
Un traballo paulatino
Nun principio e de modo paulatino trabállase o equilibrio, tanto horizontal coma vertical, é dicir, a flotación. Nas clases utilízase material específico para o aprendizaxe (churros, manguitos, táboas, pullboys), de xeito que as clases son moi completas e amenas. As pernas pronto adquiren protagonismo comezando o traballo da propulsión. Posteriormente introdúcese o movemento de brazos coordinándoo co das pernas.
Varias fases de aprendizaxe
As fases de aprendizaxe da natación pasan, nun primeiro momento, pola fase de familiarización (4-6 anos) na cal se busca que os nenos e nenas descubran e experimenten no medio acuático tendo como principal obxectivo que as primeiras experiencias sexan positivas. Nesta fase trabállanse tamén aspectos relacionados coa seguridade e organización. Esta fase desenvólvese no vaso de aprendizase da piscina cuxa característica principal é que a profundidade da agua non sobrepasa os 70 cm. Unha vez consolidada esta fase pasamos á aprendizaxe da técnica dos diferentes estilos da natación comezando polo estilo crol, seguindo por espalda, braza e mariposa.
Desenvólvense cualidades motrices básicas
O medio acuático é o espazo ideal para o desenvolvemento das aptitudes físicas, psíquicas e neurolóxicas. Os nenos gozan do xogo no medio acuático ao tempo que desenvolven cualidades motrices básicas, gañan en coordinación e en seguridade ao aprender a moverse nun ambiente distinto. Asimesmo, os nenos relaciónanse con outros públicos, co que se incrementa a súa autoconfianza e a súa independencia. Amais, a natación mellora a súa capacidade cardiorrespiratoria e permite que se fortalezan os seus músculos, osos e articulacións, nun momento crucial para o seu crecemento.