No mes de setembro comezan novos cursos de Pilates no Complexo Deportivo Santa Isabel e no Multiusos Fontes do Sar. O Pilates permite gañar en flexibilidade; fortalecer a túa musculatura; corrixir a túa postura; tonificar os teus glúteos, o teu abdome e as túas costas; relaxarte e liberar o estrés e as tensións musculares; gañar en vitalidade e forza; mellorar a túa axilidade e sentido do equilibrio.Se queres coñecer os beneficios desta disciplina, consulta os horarios e os prezos na recepción das instalacións deportivas.
Nestas datas tamén se iniciarán no Multiusos Fontes do Sar novos cursos de Escola de Espalda, nos que co traballo cun instructor e cun fisioterapeuta poderás fortalecer as túas costas e a mellorar a túa postura. Máis información e inscricións na recepción do Multiusos Fontes do Sar.