–Cando empezaches a traballar no Multiusos Fontes do Sar / C.D. Santa Isabel?
Hai máis de cinco anos, en maio de 2005.
–Que te levou a ser instructor de fitness?
A casualidade. Estaba estudando veterinaria e asistía regularmente a un ximnasio. Levaba uns meses asistindo a clases cando un día a instructora se puxo enferma e nos avisaron que se cancelaba a clase. Foi curioso porque todos os alumnos me sinalaron nese momento e me pediron que dera a clase. Ao final impartina eu, e todo saiu ben da nada. A partires de aí isto enganchoume, empecei a estudar, a practicar e a formarme ata o día de hoy.
–Eres monitor de BodyStep, de BodyJam, de Pump, de Abdominais e Glúteos, de AFS, de Alto Impacto… Como lograches converterte nun instructor todoterreo?
En todo o tempo que levo neste mundiño adquirín coñecementos a través da formación e da práctica. Sempre me gustou evolucionar, estar ao día, aprender cousas novas. Últimamente estoume a adicar máis ao sistema de adestramento de clases dirixidas de Les Mills, sempre coa idea de continuar evolucionando.
–Como describirías, en escasas palabras, cada unha das actividades que impartes?
Bodyjam é diversión e baile. Bodypump é adestramento. Step é coma un crebacabezas. Alto impacto diferénciase pola súa intensidade. O Bodystep é divertido. A clase de Abdominais e glúteos e de estiramentos é coma unha sorpresa, cando chegas non sabes o que che agarda. Bodycombat é o remedio antiestrés.
–Unha das actividades dirixidas con máis público é BodyJam, en que consiste?, que busca a xente coa asistencia regular a esta clase?
É unha clase de baile, na que a xente vén buscando sensacións de diversión, de festa. Se o pasas ben unha noite na discoteca, se che encanta bailar con música estupenda… entón esta é a túa actividade. Aquí a xente busca desestresarse e pasalo ben. Acaban todos suando, xa que é un adestramento moi divertido.
–Hai xente reacia a asistir a clases dirixidas porque temen non dar seguido a coreografía. Que lles dirías?
Que vaian paso a paso. Que pregunten ao instructor en que clase poden comezar en función do que buscan. Que se informen como é cada clase, que obxectivos ten e cal é o seu grao de dificultade. Que se quiten o temor a adestrar en grupo, o medo ao ridículo. Todos tivemos unha primeira vez, así que todos os que esteamos na clase imos acoller encantados aos novos e os imos entender.
–Na túa opinión, por que a xente debe practicar deporte?
Por saúde. Hoxe en día a vida parece que está programada para que no nos movamos, para que sexamos todos sedentarios. Notamos molestias musculares, dores que non nos deixan durmir, estrés… e pensamos que todo se soluciona indo ao médico e cunhas pastillas. Sen embargo, un pouco de exercicio regular pode axudarnos a eliminar moitas das molestias que sentimos, a esquecernos do estrés… e, en definitiva, a sentirnos mellor. Na miña opinión, o deporte tería que se converter nunha materia máis no noso día a día.