O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel acaban de incorporar o método de adestramento Suunto Fitness Solution, un sistema de monitorización da actividade física que permite obxetivar o rendemento deportivo do usuario.
Que é?
Suunto Fitness Solution é un novo sistema de monitorización da actividade física para centros deportivos que permite coñecer a frecuencia cardíaca en tempo real con visualización por cores das zonas de intensidade persoal de cada un dos participantes nunha actividade.
A importancia de coñecer a nosa Frecuencia Cardíaca Máxima
Cada persoa ten un límite máximo de pulsacións en cada momento da súa vida, para un esforzo considerado maximal, que non se debe sobrepasar para evitar riscos no corazón. Este límite denomínase Frecuencia Cardíaca Máxima e é moi útil para traballar cada tipo de esforzo. A fórmula empregada para o seu cálculo é Fcmáx = 207 – (0,7 x idade)
Como funciona o Suunto Fitness Solution?
O usuario que, téndose rexistrado previamente, leva á clase unha cinta de frecuencia cardíaca Suunto compatible con Fitness Solution, pode visualizar na pantalla as súas pulsacións en cada instante e a súa porcentaxe de traballo en relación á súa frecuencia cardíaca máxima, co que pode valorar en cada momento a intensidade do seu rendemento deportivo. Pódese utilizar tanto en clases colectivas como individualmente na zona de cardio, aínda que polo de agora no Multiusos Fontes do Sar e no C.D. Santa Isabel só está incorporado nas salas de actividades dirixidas.
Envíase a cada participante un informe personalizado
Ao rematar a clase envíase un informe da sesión de xeito automático aos participantes. Nel inclúese unha completa información sobre o traballo realizado, un histórico do último mes e unha serie de recomendacións para a seguinte sesión. O texto que acompaña o e-mail coa gráfica está totalmente personalizado.
O instructor conta cun informe de cada clase
Ao final de cada clase dirixida xérase un informe cun resume do efecto do adestramento medio da sesión, amósase o efecto do adestramento de cada participante e compáranse os efectos do adestramento medio do instructor con outras clases/instructores. O instructor pode utilizar esta información para modificar a estrutura da sesión na siguiente clase se o considera convinte, o que contribúe a mellorar a calidade das clases ofertadas.
Axuda a determinar se o nivel de condición física mellorou
Con este sistema o usuario pode valorar se a súa condición física mellorou. Así, se repite a mesma sesión de adestramento e compara a súa FC Media, canto menor sexa a FC Media, maior será o seu nivel físico, e canto menor sexa o Efecto de Adestramento, maior será o seu nivel físico. Se analiza os tempos de recuperación logo de picos de rendemento, canto menor sexa o tempo de recuperación, maior será a súa habilidade de recuperación e o seu nivel físico.
Que pulsómetro me convén?
En control de accesos das instalacións podes atopar tres modelos de pulsómetro e a cinta Suunto Dual Comfort Belt, compatibles co programa de adestramento monitorizado con pulsómetro.
SUUNTO M2. Doada monitorización en tempo real da frecuencia cardíaca e as calorías. Cambio automático entre tres zonas de frecuencia cardíaca. Inclúe a Suunto Dual Comfort Belt.
Prezo abonados: 69,50 €
Prezo non abonados: 99,99 €
SUUNTO M4. Proba de forma física. Tres obxectivos persoais a escoller. Indicacións de intensidade en tempo real. Inclúe a Suunto Dual Comfort Belt.
Prezo abonados: 89,50€
Prezo non abonados: 139,99 €
SUUNTO T3D. Trainning effect, frecuencia cardíaca, calorías queimadas, adestramento por zonas en tempo real, diario de adestramento, tempos parciais e de volta. Inclúe a Suunto Dual Comfort Belt.
Prezo abonados: 95,80€
Prezo non abonados: 149,99 €
SUUNTO DUAL COMFORT BELT. Suave cinto textil compatible coas máquinas de cardio e con Suunto Fitness Solution.
Prezo abonados: 48 €
Prezo non abonados: 54,99 €