Os días 19 e 20 de marzo celebrouse na localidade de Alcobendas, en Madrid, o Campionato de España de Kick boxing modalidade de Light-contact, no que participaron dous loitadores das nosas instalacións: Ivan Pasín Martinez, que conseguiu a Medalla de Bronce en -70 Kg e Angel Argibay Cabo, que quedou eliminado en octavos de final.
Ivan Pasín fixo un magnífico resultado. Unha medalla no campionato de España absoluto ten un enorme mérito dado o gran nivel dos competidores e a alta partcipación, con arredor de 18 competidores por peso. Iván perdeu en semifinais por unha axustada e polémica decisión aos puntos.
É tamén moi salientable a participación de Angel Argibay, quen leva sobre un ano de práctica e no seu peso participaban 17 luchadores.
Noraboa polos éxitos!