CURSO DE PER
Presentación e entrega de documentación: luns 3 de outubro ás 20.00 h. no Multiusos Fontes do Sar.
Clases presenciais: 8 clases presenciais de 2 horas cada unha. Todos os martes, a partires do 4 de outubro e ata o 22 de novembro, de 20.00 a 22.00 h. na Aula Náutica do Multiusos do Sar. O curso é de modalidade semipresencial, complementándose as clases preseciais cun curso “on line” de última xeración.
Exame extraordinario para este grupo: 23 de novembro.
-REQUISITOS:
18 anos cumpridos no momento do exame ou 16 co permiso dos pais.
-ATRIBUCIÓNS:
Manexo de embarcacións con potencia ilimitada de ata 12 m. de eslora e ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa. Inclúe manexo de toda clase de motos acuáticas.
-PRÁCTICAS:
Poden facerse antes o despois do exame, así como en diferentes datas, a conveniencia dos alumnos. Seguridade e Navegación (motor): 16 horas. Radiocomunicacións: 2 horas. Vela: 20 horas. (As de vela son só obrigatorias para os que queren quedar habilitados para navegar a vela). Diferentes bases en Galicia.
-PREZOS:
-Curso Teórico: 265 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo Santa Isabel. 295 € para o resto. O prezo inclúe IVE, material e subscrición ao curso por internet.
-Prácticas: Prezos especiais para os alumnos do curso:
50 € radio, 200€ Seguridade e Navegación, 465 € Radio+Seguridade e Navegación + Vela. Información completa en www.portomeloxo.com. As prácticas pagaranse aparte unha vez realizadas.
CURSO DE CAPITÁN DE IATE
Presentación, entrega de documentación e primeira clase: sábado 15 de outubro ás 10.00 h. no Multiusos Fontes do Sar.
Clases presenciais: 20 clases presenciais de 4 horas cada unha. Todos os sábados, dende o 15 de outubro ata o 24 de marzo de 2012, con descanso entre o 17 de decembro e o 14 de xaneiro de 2012, de 10.00 a 14.00 h. na Aula Náutica do Multiusos do Sar. O curso é de modalidade presencial e proporciónanse libros e materiais. Exame extraordinario para este grupo na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira: Datas previstas: 27 e 28 de marzo de 2012.
-REQUISITOS:
18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Patrón de Iate no momento do exame.
-ATRIBUCIÓNS:
Manexo de embarcacións con potencia e eslora ilimitadas por todos os mares do mundo. Facendo uns cursos complementarios específicos pódese obter o título de Patrón de Embarcacións de Recreo Profesional.
-PRÁCTICAS:
Poden facerse antes o despois do exame, así como en diferentes datas, a conveniencia dos alumnos. Seguridade e Navegación (motor): 48 horas. Vela: 20 horas (son só obrigatorias para os que queren navegar a vela e son as mesmas do PER, polo que si xa se fixeron non hai que volver a facelas). Radiocomunicacións: 8 horas. Posibilidade de facer as prácticas nunha ruta de 4 días navegando polas Rías Baixas. Prezos especiais para os alumnos (información completa en www.portomeloxo.com)
-PREZOS:
-Curso Teórico: 750 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo Santa Isabel. 800 € para o resto. O prezo inclúe IVE, materiais e libros. Posibilidade de fraccionar o pago segundo as necesidades de cada un.
Prácticas: As prácticas pagaranse aparte unha vez realizadas.
Prezos especiais para os alumnos: Seguridade e Navegación: 680 €. Radio: 200 €.
…………………………………………………………
-ORGANIZACIÓN:
Os cursos están organizado pola Escola de Navegación de Lecer Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL X GEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar. Si algún alumno suspende poderá facer os seguintes cursos de xeito gratuíto.
Para matricularse nos cursos basta con mandar a solicitude ao email: cursosnautica@multiusos.net e traer o día da presentación o recibo de ter ingresado no banco o importe do curso teórico. O ingreso deberá facerse na conta de Portomeloxo S.L, nº 0182 0267 13 0201551355. Tamén pódese pagar en efectivo o mesmo día da presentación e pódense fraccionar os pagos. Calquer dúbida no teléfono 616217619 (Pedro Puialto).