O Complexo Deportivo Santa Isabel incorpora á súa oferta a partir do 5 de marzo unha nova actividade de acceso libre para todos os abonados do centro. Todos os luns e mércores ás 20h, únete ao RUNNING coa nosa instructora Olaia Suárez, licenciada en CC. da Actividade Física e do Deporte con Maestría en Atletismo.
RUNNING consiste nunha hora de adestramento aeróbico ao aire libre, durante a que traballaremos técnica de carreira, series, costas, etc. Recoméndase o uso de pulsómetro e zapatillas de correr.
Para iniciar a actividade sairemos sempre da recepción do complexo. A primeira sesión discurrirá principalmente pola Alameda compostelá, e en posteriores citas haberá ocasión para achegarse ata o Pedroso, facer a ruta do Sarela, etc. Se che interesa preinscríbete en control de accesos do C.D. Santa Isabel ata media hora antes da saída.