Á actividade dirixida de Pilates no chan, que se ofrece nas instalacións deportivas con éxito dende hai uns anos, súmase agora o Pilates en máquinas Reformer. A clase está impartida no Multiusos Fontes do Sar por instructores certificados pola Federacion Española de Pilates, e poden asistir tanto os abonados do Multiusos e do C.D. Santa Isabel coma non abonados aos centros.
Pilates Reformer é unha das máquinas máis completas deseñadas por Joseph Pilates. O seu sistema de resortes, agarres, poleas e muelles proporcionan unha resistencia variable e permite combinar diversos tipos de exercicios ideais para mellorar a condición física e modelar o cuerpo.
Os interesados en acudir a esta actividade poderán anotarse en recepción do Multiusos Fontes do Sar efectuando o pago do curso mensual:
· 1 día á semana: 30€ abonados / 45€ non abonados
· 2 días á semana: 45€ abonados / 60€ non abonados
· 3 días á semana:60€ abonados / 75€ non abonados.
A oferta de clases de Pilates reformer é a seguinte:
· Luns: 8:30h / 9:30h
· Martes: 10h / 11h / 18h / 19h
· Mércores: 8:30h / 9:30h
· Xoves: 10h / 11h / 18h / 19h
· Venres: 8:30h