O sábado 23 de xuño o Multiusos Fontes do Sar convértese na capital do Pilates en Galicia cunha xornada dedicada a esta actividade. O vestíbulo do recinto acolle un seminario de oito horas no que se fará un repaso das bases do Pilates clásico da man da mestra Elena Bartley, directora dun estudio desta disciplina en Las Vegas e entrenadora do Cirque du Soleil.
O Pilates clásico busca garantir a integridade e orixinalidade do método, mantendo a esencia dos 34 exercicios orixinais do traballo no chan, desde Prepilates ata Pilates Super-Avanzado, creados por Joseph pilates a principios do século XX.
A sesión que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar desenvolverase dende as 9.00h ata as 20.30h, cun descanso ao mediodía. Os interesados en asistir deberán abonar 95€ pola xornada, agás os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel, que terán un prezo reducido de 67€. Máis información no teléfono 655605540 e no correo electrónico fgomper@gmail.com.
O Pilates Day estará impartido pola prestixiosa profesora Elena Bartley, propietaria e directora na actualidade do Pilates Center de Las Vegas e adestradora dos integrantes do Cirque du Soleil. Mestra certificada de Segunda Xeración e con recoñecido prestixio a nivel internacional, Elena Bartley imparte selectivos cursos de formación por todo o mundo. Durante 15 anos pertenceu á famosa compañía de ballet Dance Theater of Harlem, da que chegou a ser bailarina principal, e que a levou a actuar nos máis sonados escenarios do mundo. Adquiriu a súa certificación de Pilates en 1990, en Nova York, da man de la Mestra de Primeira Xeración Romana Krizanowska, discípula directa de J.Pilates.