O venres 15 de marzo abre a inscrición para os novos cursiños de pádel e tenis de carácter trimestral que se desenvolverán a partir de abril nas pistas de Sar. Ofértanse máis de 300 prazas en varios niveis, tanto para nenos como para adultos.
Inscrición preferente a partir do día 15
Os interesados pódense anotar en control de accesos das piscinas Fontes do Sar nos seguintes prazos: entre o 15 e o 19 de marzo é a inscrición preferente para abonados que están en cursos de marzo; a partir do 20 de marzo poderanse anotar o resto de abonados; e dende o día 25 poden optar a praza os non abonados.
Dende 33,60 € o trimestre
O prezo do curso dun trimestre para os adultos abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel é de 79,50€ se é dous días á semana, e de 60€ se se desenvolve un só día á semana. Os nenos abonados pagarán 33,60€/trimestre polo curso de un día á semana. Os non abonados adultos deberán abonar polo curso de dous días á semana durante tres meses un total de 159€ e de 120€ se é un só día á semana. O curso de non abonados nenos é un día á semana e ten un prezo de 67,20€/trimestre. O curso de pádel en inglés custa, todo o trimestre, entre 43,5€ e 165€.
Máis de 300 prazas en varios niveis
Nesta ocasión ofértanse máis de 300 prazas en distintos niveis destinados a nenos e adultos, abonados e non abonados ás instalacións, en niveis iniciación I, iniciación II, medio I e medio II, e clases de pádel en inglés, nas que se aprende a xogar ao tempo que se practica o idioma.
O nivel iniciación I está enfocado a xente interesada en iniciarse neste deporte. O iniciación II é para todos aqueles que leven un tempo xogando ao pádel/tenis ou que asistan a cursiños e que aínda non manteñan un peloteo fluído. No nivel medio I pode anotarse a xente que mantén un peloteo sen dificultade pero que amosa carencias técnicas e tácticas. Mentres que o nivel medio II está dirixido aos usuarios que xa teñen un ritmo alto de xogo.
Consulta aquí a oferta.