O luns 15 de abril ás 20.15h todos os que desexen poñerse en forma coa actividade de moda poderán facelo na clase que impartirá a instructora Ana Martínez na pista central do Multiusos Fontes do Sar. Están convidados tanto os abonados das instalacións coma os non abonados, pois o acceso a esta sesión especial de ZUMBA será libre.
Todos os asistentes á masterclass terán un regalo: unha valoración da composición corporal con tanita no centro de estética Multiestetic. Amais, os participantes entrarán no sorteo de un conxunto de fitness (malla, chaqueta e camiseta) da marca galega ACTUAL SPORT, clases gratis de TRX e matrículas gratuítas para darse de alta nas instalacións.