Se queres formar parte do Club de Pádel Fontes do Sar e competir con nós na Liga Rías Altas 2014 que empeza no mes de xaneiro, agora xa te podes anotar. Hai categoría feminina e masculina.
Para poder inscribirse é necesario ser abonado do Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo Santa Isabel e ter a alta federativa pola Federación Galega de Pádel. Se estás interesad@, inscríbete na recepción das Piscinas Fontes de Sar.