Abierta la inscripción para el Campus Sar de este verano

 

Xa está aberta a inscrición para o Campus Sar deste verán para os nenos/as que sexan abonados/as de MultiSan.

IDADES
Para rapaces de entre 4 e 16 anos.

ACTIVIDADES
Actividades ao aire libre · actividades deportivas · actividades acuáticas · piscina · obradoiros temáticos · actividades en inglés · baile · xogos tradicionais · clases dirixidas

ESPAZOS
Levarase a cabo no hall de entrada do Multiusos e zona exterior dos arredores, pistas de pádel e tenis, salas de actividades, piscina…

TEMPORIZACIÓN

Dende o 24 de xuño ata o comezo das clases no mes de setembro, en quendas semanais.

HORARIOS
De luns a venres con diferentes posibilidades:

– Horario do Campus: 8.45 a 14.30 horas

– Ampliación de mañá (opción de almorzo): 8.00 a 14.30 horas

– Ampliación de tarde: 8.45 a 15 horas

– Ampliación completa: 8.00 a 15 horas

– Comedor: o horario será de 14:30 a 16:00. A recollida será na cafetería do Multiusos.

INSCRICIÓN

–  Ata o 31 de maio para abonados/as e dende o 1 de xuño para non abonados/as.

    (As inscricións de non abonados/as cubertas no formulario antes de tempo, serán automáticamente rexeitadas).

PREME AQUÍ e cubre o formulario, e despois pasa pola recepción, do Multiusos ou de Santa Isabel, para formalizar a inscrición.

IMPORTANTE! Nesta edición, os grupos serán organizados por idades e por data e hora do pagamento da inscrición.

Pin It