Estamos de volta! Coma sempre, con todas as medidas de hixiene e seguridade para que sigas coidando do verdadeiramente importante, do máis esencial: A TÚA SAÚDE.
🔵 QUE PODO FACER?
✔️Asistir á sala de fitness e funcional a adestrar por libre.
✔️Ir a clases dirixidas, previa reserva de praza.
✔️Acudir ás pistas de pádel e tenis Fontes do Sar.
✔️Ir nadar á piscina de Santa Isabel.
🔵 PODO USAR OS VESTIARIOS E AS DUCHAS?
SI. Poden usarse cunha ocupación de ata o 30%, e serán sometidos a limpeza e desinfección de forma constante. Asimesmo, continuará habendo consignas en diferentes puntos da instalación por se prefires optar por esta alternativa.
🔵 CAL É O AFORO DOS CENTROS?
O aforo das instalacións será do 30%. Lembra que podes consultar o aforo na nosa web e na entrada aos centros.
🔵 HAI ALGÚN CAMBIO NAS PISTAS DE PÁDEL E TENIS DE SAR?
É obrigatorio o uso da máscara.
🔵 CAL É O HORARIO DE APERTURA?
O mesmo que tiñamos:
- De luns a venres de 7 a 21.30h
- Sábados: Santa Isabel de 8 a 20h / Multiusos de 9 a 20h
- Domingos: Santa Isabel de 9 a 14h e de 16 a 20h / Multiusos de 9 a 14h
🔵 CANDO VOLVEREI PAGAR O XIMNASIO?
A primeira cota que se cobrará será a do mes de marzo, que se emitirá a principios de mes.