Este viernes, 26 de febrero, ABRIMOS!

Estamos FELICES de contarvos que este venres as nosas portas volverán abrir para TI 💙

Coma sempre, con todas as medidas de hixiene e seguridade para que sigas coidando do verdadeiramente importante, do máis esencial: A TÚA SAÚDE.

🔵 QUE PODEREI FACER?
✔️Asistir á sala de fitness e funcional a adestrar por libre.
✔️Ir a clases dirixidas, previa reserva de praza.
✔️Acudir ás pistas de pádel e tenis Fontes do Sar.
✔️Ir nadar á piscina de Santa Isabel.

🔵 PODEREI USAR OS VESTIARIOS E AS DUCHAS?

Despois da publicación do DOG, confirmámosvos que SI. Poderán usarse cunha ocupación de ata o 30%, e serán sometidos a limpeza e desinfección de forma constante. Asimesmo, continuará habendo consignas en diferentes puntos da instalación por se prefires optar por esta alternativa.

🔵 CAL SERÁ O AFORO DOS CENTROS?

O aforo das instalacións será do 30%. Lembra que podes consultar o aforo na nosa web e na entrada aos centros.

🔵 HABERÁ ALGÚN CAMBIO NAS PISTAS DE PÁDEL E TENIS DE SAR?

Dende mañá será obrigatorio o uso da máscara.

🔵 CAL SERÁ O HORARIO DE APERTURA?

O mesmo que tiñamos:

  • De luns a venres de 7 a 21.30h
  • Sábados: Santa Isabel de 8 a 20h / Multiusos de 9 a 20h
  • Domingos: Santa Isabel de 9 a 14h e de 16 a 20h / Multiusos de 9 a 14h

🔵 CANDO VOLVEREI PAGAR O XIMNASIO?
A primeira cota que se cobrará será a do mes de marzo, que se emitirá a principios de mes.

Grazas por seguir ao noso lado. XA NON QUEDA NADA! 💪

#reaperturadoscentros #odeporteésaúde #asaúdeéoprimeiro #sigamosadiante #MULTISANcomplex #somossans #somossaudables #sempredeporte #sempresaúde

Pin It