EL LUNES 8 DE JUNIO VOLVEMOS! Resolvemos tus principales dudas

RESOLVEMOS TUS PRINCIPALES DUDAS

1.  CANDO ABREN AS INSTALACIÓNS?

O MULTIUSOS FONTES DO SAR, as PISTAS DE PÁDEL E TENIS DE SAR e o COMPLEXO DEPORTIVO SANTA ISABEL volverán abrir o luns 8 de xuño, coincidindo co inicio da fase 3.  No caso de non pasar de fase concretaríamos nova data.

O HORARIO DE APERTURA do Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel será de luns a venres de 7 a 23h, sábados de 9 a 20h e domingos de 9 a 14h (domingos pola tarde pechado). As pistas de pádel e tenis abrirán de luns a venres de 9 a 23h; sábados e domingos de 9 a 20h.

As PISCINAS DE VERÁN FONTES DO SAR abrirán na segunda quincena de xuño. Nos vindeiros días indicaremos a data exacta.

  1. EN QUE INSTALACIÓN PODEREI ADESTRAR?

Independentemente da instalación á que esteas abonado, dende o primeiro día que abramos e como medida temporal poderás facer deporte no centro que máis che conveña, no Complexo Deportivo Santa Isabel ou no Multiusos Fontes do Sar.

  1. CÓMO SE COMPENSARÁ O MES DE MARZO?

Os días que non puideches desfrutar en marzo porque o teu centro estivo pechado serán compensados agora, de tal xeito que non pagarás nada entre os días 8 e 25 de xuño. A partir do día 26 de xuño emitiremos un recibo co importe que corresponda só aos 5 días restantes do mes (26-30 xuño).

  1. CÓMO SE FARÁ COAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NON DESFRUTADAS?

Nas actividades complementarias non desfrutadas (curso de pádel ou tenis, Pilates, Reformer, etc) poñerémonos en contacto contigo ou, se o desexas, podes escribirnos un correo electrónico a info@multiusos.net e buscaremos a mellor solución.

  1. CÓMO SE RESERVARÁ PARA IR A ACTIVIDADES DIRIXIDAS?

Para ir a unha actividade dirixida terás que reservar praza previamente, ben a través da nosa web, ben de xeito presencial na recepción da instalación.

Para reservas online (só para abonados):

Cando recibas o sms e actives o teu contrasinal xa podes reservar praza.

– Dende AQUÍ poderás consultar os horarios e acceder á páxina de reservas.

– Se non recibes o sms ou detectas algún erro no teu e-mail, escríbenos a info@multiusos.net e solucionarémoscho o antes posible. Grazas pola comprensión.

  1. CÓMO SEI O AFORO DE CADA CENTRO?

Na nosa páxina web poderás consultar o aforo real en cada momento, e ao acceder ao centro haberá pantallas informativas na entrada.

7. PODEREI USAR OS VESTIARIOS? 

Si. Están habilitadas o 50% das duchas e haberá que manter a distancia de seguridade de 2 metros en vestiarios.

8. QUE MEDIDAS TOMARÁN AS INSTALACIÓNS PARA A REAPERTURA?

 

Pin It