Bad Religion actuará en el Multiusos Fontes do Sar el próximo 30 de mayo

A banda de punk-rock Bad Religion celebrará o seu 40 aniversario o vindeiro ano cunha gran xira que fará parada en Santiago de Compostela, o sábado 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar. Será a súa única actuación no noroeste peninsular e pechará a súa ruta logo de tocar en Barcelona, Madrid, Bilbao, Lisboa, Málaga e Valencia.

O grupo estará acompañado en Santiago por varios invitados especiais: Cock Sparrer, Talco, Desakato, Blowfuse e Bastards on Parade. Todos eles darán forma a un mini festival que se prolongará dende primeira hora da tarde ata a madrugada.

As entradas estarán á venda dende o venres 20 de decembro ás 11:00 horas, a través da web badreligion.resurrectionfest.es, cunha oferta de lanzamento especial de 1.000 entradas a 39 euros + gastos. O resto de entradas custarán 44 euros + gastos.

 

Pin It