O sábado 3 de xaneiro o grupo Encanto volveu ao Multiusos Fontes do Sar, desta volta co seu espectáculo “Diez”. Máis de 3.000 persoas puideron desfrutar deste show que encandila a nenos e pais. Santiago foi a única cidade galega dunha xira navideña que está a percorrer boa parte da xeografía española, pasando por Alicante, Barcelona, Zaragoza, Pamplona, Santander, Valladolid e Salamanca.
CantaJuego presentou agora “DIEZ”, o seu novo espectáculo para a temporada 2014-2015. Como o seu nome indica, descubrimos unha viaxe a través dos dez anos de traxectoria ininterrompida dos CantaJuegos, revivindo os éxitos das súas cancións, historias e personaxes que converteron ao Grupo EnCanto no favorito de nenos e familias.
Os famosos Coco, Pepe, Buby e o Paiaso Tallarín, así como os seus novos amigos Pato Contreras, Khon Gorila e moitos máis personaxes, representaron xunto aos CantaJuegos as súas cancións máis coñecidas, incluíndo os grandes hits de sempre e tamén moitos novos temas do seu DVD estrela no ano 2014, o Vol. 10. Así, trasladáronnos a un mundo de música e fantasía, pleno de ritmo, cor e diversión garantida para toda a familia.