O domingo 26 de outubro celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Kickboxing, modalidade Light Contact, onde se xuntaron máis de 150 competidores. O profesor das instalacións Juancho Vázquez acudiu con varios dos seus pupilos, e lograron unha actuación moi exitosa. En total acadaron 11 metais: 2 ouros, 5 pratas e 4 bronces.
Adrián iglesias Fernández. Ouro en categoría 11-12 e 13 anos menos de 45 kg.
Fernando García Graña. Ouro en categoría 14,15 e 16 anos menos de 70 kg.
Yenifer Martínez Chirinos. Prata en categoría 14, 15 e 16 anos menos de 60kg.
Alba Díaz Mera. Prata en categoría senior menos de 50 kg.
Beatriz Pérez López. Prata en categoría senior menos de 60 kg.
Santiago Fernández Abad. Prata en categoría senior máis de 90 kg.
Ángel Argibay Cabo. Prata en categoría senior menos de 70 kg.
Bruno Bouza Trillo. Bronce en categoría 8,9 e 10 anos menos de 30 kg.
Sara Pardo Durán. Bronce en categoría 11,12 e 13 anos menos de 50 kg.
Laura Vázquez Vázquez. Bronce en categoría senior máis de 70 kg.
Pablo Albela Lamela. Bronce en categoría senior menos de 90 kg.
NORABOA A TOD@S!!!