MATERIAL NECESARIO
Mochila, gafas, gorro de piscina, bañador, chanclas, toalla, muda, roupa deportiva, chubasqueiro. • Todos aqueles que así o queiran poderán levar merenda xa que todos os días dedicarémoslle un tempo. É importante que leven auga.
Recomendase que todas as pertenzas estean identificadas.
ENTREGA E RECOLLIDA DE NENOS/AS
- ENTREGA: por norma xeral, será no hall principal do Multiusos Fontes do Sar de 8.45 a 9.15 horas. – No caso de dispoñer de ampliación horaria a entregará será na cafetaría do Multiusos Fontes do Sar de 8.00 a 8.45 horas.
- RECOLLIDA: por norma xeral, será na pista de tenis situada enfrente das piscinas de sar de 14 a 14.30 horas (ata as 15 horas para os que teñan ampliación horaria).
- Por motivos de seguridade, durante os primeiros días será obrigatorio identificarse para recoller a un neno/a amosando o dni.
- Os cambios nas persoas autorizadas na recollida dos nenos/as deberán ser comunicados coa maior antelación posible.
- Haberá que deixar aviso cando un neno/a chegue ou marche en diferentes horarios dos establecidos. No caso de haber algún cambio no lugar de entrega ou recollida será notificado coa maior antelación posible.