O Multiusos Fontes do Sar incorpora á súa oferta o RUNNING, unha actividade de acceso libre para todos os abonados do centro. Todos os martes e xoves ás 20.15h, únete á clase impartida por Luis Miguel Feito, adestrador da escola de Atletismo
Fontes do Sar. RUNNING consiste nunha hora de adestramento aeróbico ao aire libre, durante a que traballaremos técnica de carreira, series, costas, etc. Recoméndase o uso de pulsómetro e zapatillas de correr. Para iniciar a actividade
sairemos sempre da recepción do Multiusos Fontes do Sar.