En abril empezan novos cursos trimestrais de pádel e tenis para nenos e adultos

Entre abril e xuño desenvolveranse novos cursiños de pádel e tenis para nenos e para adultos nas pistas de Sar, para os que xa está aberta a inscrición. En total hai dispoñibles máis de 30 prazas ás que poden optar tanto abonados como
non abonados ás instalacións deportivas.

Consulta aquí a oferta de cursos para nenos e adultos

Datas de inscrición
·Do 15 ao 19 de marzo: inscrición preferente só para abonados interesados en manter a mesma praza de marzo. ·A partir do 20 de marzo: inscrición para abonados. ·Dende o 26 de marzo: inscrición para non abonados.

Lugar de inscrición Control de accesos das piscinas fontes do sar

Prezos
Nenos abonados: 33,60€/trimestre (1 día/semana) Nenos non abonados: 67,20€/trimestre (1 día/semana) Adultos abonados: 60€/trimestre (1 día/semana)// 79,50€/trimestre (curso de 2 días/semana) Adultos non abonados: 120€/trimestre (1 día/semana) // 159€/trimestre
(curso de 2 días/semana) É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para anotarse nos cursos de non abonados. Os cursos son grupais, deben contar cun mínimo de 3 inscritos.

Pin It