O mércores 29 de xaneiro dará comezo un novo curso de Patrón de Embarcación de Recreo no Multiusos Fontes do Sar que combinará as clases presenciais cun curso on line de última xeración. Os alumnos terán un exame extraordinario e poderán
realizar as prácticas obligatorias a prezos especiais antes o despois do exame. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web www.nauticapopular.com. Se algún alumno non supera o exame pode acudir ó seguinte curso de forma gratuita.
As clases presenciais serán tódolos mércores ata o 2 de abril en horario de 20.15 a 22.15 horas. O exame, extraordinario e específico para este curso, celebraráse na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira o 3 de abril. O PER é o título náutico
máis demandado. Permite o manezo de embarcación de ata 12m. de eslora sin límite de potencia ata 12 millas da línea que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear. Tamén inclue o uso
de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos no momento do exame o 16 con permiso dos pais. O prezo do curso teórico é de 280 € para os abonados ao Multiusos do Sar e ao Complexo Deportivo Santa Isabel,
e de 310 € para o resto. Os prezos incluen IVE, inscripción ao curso ‘’on line’’ e material. Este curso está organizado pola Escola Náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia có indicativo XGEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar
de Santiago de Compostela dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.