En novembro empezan novos cursos de náutica profesional no Multiusos Fontes do Sar

O próximo sábado 23 de novembro ás 10 horas, no Multiusos Fontes do Sar de Santiago presentaranse e terán lugar as primeiras clases de dous cursos simultáneos de náutica profesional, de Patrón Costeiro Polivalente e de Patrón Local de Pesca. Os alumnos examinaranse por libre en Pasajes (Guipúzcoa) en febreiro do próximo ano.

Os cursos son semipresenciais, combinándose a ensinanza “on line” e tutorizada con clases presenciais que terán lugar na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela os sábados en horarios de 10 a 14 horas para os módulos de Común e Ponte e de 16 a 20 horas para o módulo de Máquinas, ata o 8 de febreiro.

Atribucións
-Patrón Costeiro Polivalente
Trátase dunha titulación óptima para a maioría de profesionais en Galicia pois permite o mando simultáneo da Ponte e de Máquinas en barcos de pesca ou acuicultura de ata 24 metros de eslora a 60 millas da costa, así como a posibilidade do mando de barcos de ata 150 pasaxeiros en augas interiores.

-Patrón Local de Pesca
Tamén permite o mando simultáneo da Ponte e Máquinas pero en este caso en barcos de pesca ou acuicultura de ata 12 metros de eslora a 12 millas, e barcos de ata 150 pasaxeiros en augas interiores.

Prezos
Curso Completo: (Módulos Ponte e Común + Módulo de Máquinas): 870€ ou 840 € para abonados ao Multiusos ou membros de entidades con convenio coa Escola Náutica Portomeloxo.
-Módulos Ponte e Común: 510 € ou 480 € para abonados ao Multiusos ou membros de entidades con convenio coa Escola Náutica Portomeloxo.
-Módulo de Máquinas: 460 € ou 430 € para abonados ao Multiusos ou conveniados.

Condicións
O pago realizarase antes do día de inicio do curso mediante transferencia ao número de conta 0182 0267 13 0201551355 ou pagando en efectivo o mesmo día da presentación.
-Pódese fraccionar o pago mediante acordo.
-Se algún suspende pode acudir ao seguinte curso de xeito gratuíto.

Organización
A organización do curso corre a cargo da Escola Náutica Portomeloxo e do Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela dentro do seu programa conxunto Náutica Popular. Para inscribirse basta con mandar un email a cursosnautica@multiusos.net e facer o pago da matrícula previamente á presentación mediante transferencia ou pagando en efectivo o mesmo día. Máis información en www.multiusos.net ou en www.nauticapopular.com ou no teléfono 616217619

Calendario de clases:
-Módulo de Ponte e Común:
9 clases presenciais de 10 a 14 horas cada unha os seguintes sábados: 23 e 30 de novembro. 14 e 21 de decembro. 11, 18 e 25 de xaneiro. 1 e 8 de febreiro.
-Módulo de Máquinas:
7 clases presenciais (5 teóricas e 2 prácticas) de 16 a 20 horas os seguintes sábados: 30 de novembro. 14 de decembro. 11, 18 e 25 de xaneiro (práctica). 1 (práctica) e 8 de febreiro.

Pin It