Comeza a temporada de náutica no Multiusos do Sar cun curso de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo). Os alumnos, como é habitual nestes populares cursos que teñen lugar na Aula Náutica do Multiusos, terán un exame extraordinario e poderán realizar as prácticas obrigatorias a prezos especiais antes ou despois do exame.
O martes día 8 de outubro, ás 20.15 h., será a presentación e entrega de materiais deste curso que se impartirá, tamén como é habitual, en modalidade semipresencial, combinando as clases presenciais cun curso “on line” de última xeración. As clases presenciais comezarán o martes seguinte día 15 de outubro, e serán todos os martes de 20.15 a 22.15 horas ata o 3 de decembro. O exame extraordinario celebrarase na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira o 10 de decembro.
O PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) é o título náutico máis demandado. Permite o manexo de embarcacións de ata 12 m. de eslora sen límite de potencia ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear. Tamén inclúe o uso de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos no momento do exame ou 16 con permiso dos pais.
O prezo do curso teórico é de 280 € para os abonados ao Multiusos do Sar ou ao complexo deportivo Santa Isabel e de 310 € para o resto. Os prezos inclúen IVE, inscrición ao curso “on line” e material.
Os alumnos poderán realizar as prácticas oficiais antes ou despois do exame e con prezos especiais.
Este curso está organizado pola Escola náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos do Sar dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.
Para inscribirse basta con solicitalo enviando un email a cursosnautica@multiusos.net e pagar o importe no nº de conta nº 0182 0267 13 0201551355, ou ben pagar en efectivo o mesmo día da presentación. Se algún alumno non supera o exame pode acudir ao seguinte curso de forma gratuita.