A Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Santiago a través do Departamento de Deportes, organiza o “II Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé nos contornos da cidade. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
O elevado número de participantes da primeira edición e a expectación xerada na cidade e na comarca, provocou o aumento no número de probas, este ano serán 5 as probas do II Circuíto Corre San máis a I San Silvestre.
O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos contornos da cidade nos que normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.
Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.
Consulta aquí o programa.
Descarga o formulario de inscrición e entrégao en control de accesos do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel.