As instalacións incorporan clases de AUTODEFENSA

Á oferta de actividades existente nas instalacións únese agora a AUTODEFENSA, unha clase que aporta ao usuario as claves para autoprotexerse e que lle outorga numerosos beneficios. Amais, tanto no Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel amplíase o horario de ZUMBA, unha actividade con gran demanda na actualidade, e de LIGHT CONTACT.

Autodefensa
O obxectivo desta clase é adquirir coñecementos específicos de autoprotección persoal a través de técnicas de defensa persoal, iniciar en contidos e teorías básicas de artes marciais aos participantes, facilitar recursos de protección e defensa en caso de sufrir un intento de agresión física, adquirir confianza e seguridade, desenvolver unha condición física mínima para actuar en caso de necesidade, previr e disuadir situacións de agresión física e mejorar a autoestima e a socialización dos participantes.
As clases compóñense de estratexias preventivas, defensivas e legais. A prevención é fundamental á hora de evitar calquera agresión antes de que poida chegar a producirse. Cando a agresión é inminente, é preciso coñecer un protocolo básico de autodefensa. E por último, cando a agresión xa se produciu, debemos saber cales son as actuacións policiais e legais que podemos poñer en marcha.
O profesor encargado da actividades é o instructor Juancho Vázquez, que conta con 12 títulos como campión galego e de España e 3 como campión internacional na modalidade de Kick-Boxing, entre outros numerosos logros deportivos. As clases son de entrada libre para todos os abonados do centro.

FOTO: Sandra Alonso

Pin It