A partir do luns 5 de novembro o Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel contarán cunha nova actividad dirixida: o ZUMBA. Esta nova clase, moi popular na actualidade, será de acceso libre para todos os abonados e estará guiada polas instructoras Ana Martínez e Claudia Gómes.
ZUMBA FITNESS é un programa de exercicios de baile inspirados na música latina, cunha mestura de música internacional creada por produtores de prestixio. O seus pasos contaxiosos crean unha «festa de acondicionamento físico» moi atractiva para divertirse e poñerse en forma.
No Multiusos Fontes do Sar haberá sesións de ZUMBA os luns ás 11.15h, os martes ás 17.05h e os mércores ás 19h. No Complexo Deportivo Santa Isabel as clases serán os martes ás 11.05h e os xoves ás 20.10h.