As pistas de pádel de Sar acollen esta fin de semana a fase rexional galega do II Open de Pádel Feminino Cadena 100, na que participarán as sete parellas que resultaron campionas nas probas locais que se celebraron días atrás. O torneo dará ás gañadoras un pase para desputar a final nacional que se celebrará en Madrid o 17 de xuño, á que asistirán con todos os gastos pagados.
No campionato estarán algunhas das mellores xogadoras de Galicia, como Carmen León e Vanesa Alonso, que se desprazan dende A Coruña, e Alicia Seijas e Marta Muñoz, vencedoras na fase de Santiago de Compostela. Tamén estarán as gañadoras en Ferrol, Silvia López e Carla Rodríguez; a mellor parella da proba de Lugo, Nair González e Pilar Delgado; as primeiras en Ourense, María Belén Iglesias e María Victoria Fernández; as campionas en Vigo, Carla e Sabela Barciela; e a parella que gañou en Pontevedra, Gisela Amor e Marta González.
Os partidos da fase galega do II Open de Pádel Cadena 100 xogaranse dende as catro asta as oito da tarde do domingo 3 de xuño. A final está prevista para as 18:30h. Está confirmada a presenza do concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela.