As pistas de pádel e tenis de Sar ofertan a partir de abril 276 prazas para cursiños de carácter mensual e trimestral

En abril inícianse novos cursiños de pádel e tenis nas pistas de Sar, tanto de carácter TRIMESTRAL coma MENSUAL. En total ofértanse 276 prazas para abonados do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel e para non abonados aos centros, para nenos (de entre 4 e 16 anos) e para adultos (a partir de 16 anos).
Consulta AQUÍ a oferta de cursos

Preinscrición e inscrición
Haberá un prazo de preinscrición para a xente que queira conservar a súa praza (só terán dereito a facer a inscrición no mesmo cursiño e na mesma hora que estiveron o mes anterior), dende o xoves 15 de marzo ata o luns 19, en horario de apertura (de luns a venres de 7 a 23h; sábados e domingos de 9 a 20h; festivos de 9 a 14h) nas piscinas Fontes do Sar. A partir do 20 de marzo abrirase o prazo de inscrición para o resto de usuarios. Para anotarse nos cursos de non abonados é imprescindible estar empadronado no Concello de Santiago.

Prezos dos cursiños
Trimestrais:
· abonados adultos: 72€ (2 días) / 54€ (1 día)
· abonados nenos: 30€ (1 día)
· non abonados adultos: 120€ (1 día)

Mensuais:
· abonados adultos: 24€ (2 días) / 18€ (1 día)

Se precisas máis información consulta na recepción das piscinas Fontes do Sar ou no 981 568 162.

Pin It