O mércores 15 de febreiro, ás 20:45h, o Estadio de San Lázaro acollerá o encontro inernacional de fútbol feminino entre as seleccións de España e Austria. A compostelá Verónica Boquete, actual dianteira do Tyresö FF da Damallsvenskan de Suecia e internacional coa Selección Española, xogará nesta ocasión ante a afección da súa cidade. O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel sortean a través do seu perfil en Facebook 7 localidades para asistir de balde a este partido. Picha aquí e descubre como facerte con unha
Para máis información sobre o partido España – Austria, infórmate neste enlace.