Busca este distintivo nas salas do Multiusos, pon a túa banda, e desfruta e aproveita ao máximo o teu adestramento!

Queres saber CANTAS KCAL CONSUMES dende que entras ata que saes da instalación?
Sabes a qué PULSACIÓNS DEBES TRABALLAR?
1º. REXÍSTRATE na recepción da instalación
2º. COLOCA a cinta de frecuencia cardíaca compatible con Fitness Solution
3º. BUSCA as zonas identificadas co distintivo da imaxe
4º. DESFRUTA do teu adestramento e… COÑECE os teus límites a través dos informes personalizados que che enviaremos por e-mail! Terás control do teu consumo de enerxía (kcal), do efecto e das zonas do teu entrenamento, etc. Se tes dúbidas, consulta aos nosos instructores.

Consulta os niveis nas clases de fitbike, elyptic e rpm
PERDA DE PESO (NIVEL1).
Intensidade entre o 60% e o 75 % da Fc. Máx.
Beneficios: Mellora a resistencia aeróbica. O metabolismo enerxético é o dos ácidos graxos.
TRABALLO CARDIOVASCULAR (NIVEL2)
Intensidade entre o 75 % e o 85 % de Fc. Máx.
Beneficios: Mellora a capacidade aeróbica. O metabolismo enerxético é o dos hidratos de carbono.
ADESTRAMENTO DE RESISTENCIA (NIVEL3)
Intensidade entre o 85 % e o 90% de Fc. Máx
Beneficios: Incremento da capacidade máxima de rendemento. Este tipo de sesión estaría indicada para persoas moi adestradas.

Pin It