Cando empezaches a dar clase no Multiusos Fontes do Sar? Como xurdiu a oportunidade?
Hai máis de dous anos que estou impartindo clases. Levaba anos sendo usuaria, e un día ofrecéronme a oportunidade de formarme como monitora e aceptei. Lembro os meus inicios con moitos nervios, pero con ilusión e gañas. Estou encantada!
Dende hai anos eres usuaria das instalacións deportivas e agora tamén eres instructora. En que papel te sintes máis cómoda?
De feito actualmente sigo compaxinando ambos papeis, dou clases pero tamén adestro pola miña conta ou asisto a clase con outros monitores de actividades diferentes á miña. Realmente síntome cómoda en calquera das dúas facetas, aínda que teño que recoñecer que me encanta dar clase!!
Que che aportan as túas clases? Que cres que lle aportan aos demais?
Buf, moitas cousas dende logo… cando subo á tarima, enchufo a música e vexo aos meus alumnos, esquézome do resto do mundo. Se fas algo que che gusta e o vives, como é o meu caso, creo que é unha boa terapia tanto física coma mentalmente. Eu poño todo o meu esforzo, enerxía e ilusión para que os alumnos se sintan ben facendo deporte, que se involucren nisto e vexan o deporte como algo, amais de saudable, divertido e ameno, que teñan ilusión por vir a clase. Busco que adquiran unha boa condición física, pero tento que se sintan relaxados e a gusto en clase. Agardo aportarlles todo iso e máis… ese é o meu obxectivo día a día.
En que consiste unha clase de Elyptic?
Realízase un exercicio aeróbico, que proporciona un adestramento cardiovascular bo e un alto consumo de graxas. Traballamos a maior parte dos grupos musculares, tonificamos pernas e glúteos, e sen impacto sobre as articulaciones.
Que dúbidas che trasladan habitualmente os teus alumnos?
Hai usuarios que cando empezan a asistir a Elyptic teñen dor na planta dos pés, ás veces por falta de costume ou porque elevan demasiado o talón ao pedalear. Outros están pendentes de levar unha posición correcta durante a execución do exercicio e che preguntan qué tal os viches na clase, cómo traballaron… Aínda que a veces é difícil observalos a todos, os tento corrixir sempre que é posible. O que máis busca a maioría é conseguir un bo tono ou condición física.
Na túa opinión, por que a xente debe practicar deporte?
Fundamentalmente por cuestións de saúde. Amais, creo que o deporte che aporta mellor calidade de vida, dache máis enerxía, e te sintes mellor tanto física coma mentalmente. Eu observo que a xente cada vez ten máis cultura de deporte.